O IES María Casares cumpre 25 anos. Para algúns 25 anos non é nada, para outros só 6 anos deses 25 poden ser inesquecibles. Con este motivo hanse levar a cabo diferentes iniciativas, tanto por parte do profesorado coma do alumnado: os que estiveron ao principio, os que estiveron ao final, os que aínda están. Unha páxina de Facebook servirá de punto de encontro para todos. O blog que hoxe presentamos potenciará as nosas lembranzas coas fotos dos eventos celebrados ao longo deses anos, fotos de todas as xeracións que por aquí pasaron, se formaron e viviron momentos difíciles uns, gratificantes outros pero todos, niso estamos de acordo, gravados fondamente na nosa memoria. A estadía, curta ou longa, neste centro foi, de seguro, fundamental para todos nós. Como colofón desta pequena homenaxe, o día 30 de xuño de 2018 reunirémonos todos no instituto para celebrar un reencontro, esta vez, sen que haxa avaliacións polo medio.